Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cristofer, fillo de Fernando González, engraxador do Villa de Pitanxo: "Meu pai foi un valente, intentou salvar a todos os que puido"

Cristofer, fillo de Fernando González, engraxador do Villa de Pitanxo: "Meu pai foi un valente, intentou salvar a todos os que puido"

Kevin e Cristofer queren honrar a memoria de seu pai coa busca da verdade sobre o accidente

Fernando era un apaixonado do mar, do deporte e do remo e estaba desexando xubilarse para gozar da vida

Kevin e Cristofer coa foto de seu pai, Fernando González unha das vítimas desaparecidas do Villa de Pitanxo
G24.gal 15/02/2023 12:55

O moañés Fernando González é unha das doce vítimas do naufraxio do Villa de Pintanxo que segue desaparecida. Kevin lembra a seu pai, Fernando, engraxador do pesqueiro afundido como unha persoa extrovertida, vencellada desde sempre ao mar, aínda que houbo unha época en que traballou como albanel, e era un apaixonado do deporte, especialmente o remo. 

Asegura que estaba desexando xubilarse para gozar da vida. Pero ese soño de Fernando González, truncouse con 53 anos aquel 15 de febreiro en augas de Terra Nova. Unha traxedia que arrasou toda a familia.

Kevin e Cristofer rememoran como souberon do naufraxio aquel día e que a armadora non lles comunicou nada. O difícil que foi xestionalo cos seus avós, especialmente coa avoa porque ten alzhéimer e evitan que vexa informacións do naufraxio para que non sufra. 

Crístofer non pode evitar emocionarse lembrando a valentía que demostrou seu pai nos últimos intres da súa vida ao intentar salvar aos seus compañeiros.

Kevin asumiu o papel de voceiro da familia e de todas as vítimas durante meses. A loita na busca da verdade acabou pasándolle factura psicoloxicamente, pero asegura que seguirán batallando.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade