Publicador de contidos
Publicador de contidos

CSIF acusa o Concello de Lugo de "explotar" novos policías locais con salarios de 700 euros

CSIF acusa o Concello de Lugo de "explotar" novos policías locais con salarios de 700 euros

Un xulgado déralles xa a razón aos axentes da promoción anterior que non cobraran o salario completo

G24.gal 22/02/2022 14:03

O sindicato CSIF considera ilegal que os novos policías locais de Lugo cobren uns 700 euros, unha cantidade moi por debaixo do salario mínimo e ainda máis lonxe do que marca a lei.

Asegura que estes traballadores cumpren exactamente as mesmas funcións ca os axentes do cadro de persoal.

No Concello de Lugo argumentan que as nóminas se fixeron seguindo os criterios da intervención e que cobrarán o salario completo desde que tomen posesión.

CSIF lembra que un xulgado xa lles deu a razón aos axentes da promoción anterior que denunciaron os seus salarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade