Culturgal celebra quince edicións en Pontevedra con moitas novidades
Culturgal celebra quince edicións en Pontevedra con moitas novidades
Aires renovados para a nova edición da feira que se celebra no Pazo da Cultura
Hai 103 expositores e diferentes espazos para pór en valor toda a programación
Culturgal, a feira anual para empresas, profesionais, institucións e público en xeral, celebra quince edicións con aires renovados. Máis dun cento de expositores participan no evento.
Música, presentacións e cinema. Ao longo desta fin de semana haberá varias proxeccións. Valentina é un exemplo, unha película de animación premiada nos Goya deste ano.
É un amplo escaparate do que nos depara o novo ano no ámbito cultural. Unha viaxe retrospectiva da man dos protagonistas, que nalgúns casos celebran cincuenta anos na profesión, como a docente e escritora, Helena Villar.
Culturgal pechará a última hora do domingo. Ata entón, o Pazo da Cultura acollerá unha ampla programación que este ano inclúe tamén varios espectáculos de danza.