Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dani Alves regresa ao Barcelona con 38 anos

Dani Alves regresa ao Barcelona con 38 anos

G24.gal 13/11/2021 10:56

Primeiras e sorprendentes decisións de Xavi á fronte do Barcelona: Aos seus 38 anos, volve Dani Alves.

O brasileiro estaba sen equipo e quere seguir xogando. Así que asina ata o remate da presente temporada, aínda que non vai ser inscrito ata xaneiro.

Alves podería achegar sobre todo experiencia a un vestiario moi novo, e mesmo deportivamente podería cubrir unha posición nun equipo que só ten un lateral dereito puro: Dest.

O brasileiro amosábase preparado para afrontar o reto antes de facerse oficial a incorporación.

"Barcelona é a miña casa. Sempre estou preparado para todo", declarou.

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

A post shared by Dani Alves (@danialves)

A actualidade no Barça tamén pasa polo Kun Agüero. Vén dicir que segue as indicacions dos médicos do Barça, facendo probas e tratamento para ver a evolución no prazo de 90 días.

É que Catalunya Radio dixo que Agüero podería ter que se retirar do fútbol. O arxentino, sempre según El Matí da emisora catalá, tería unha doenza cardíaca que lle impediría seguir xogando. Agüero tamén estivo visitando os doutores da federación arxentina para coñecer a súa opinión, logo de ter que deixar o campo contra o alavés por sentirse mal.

Veremos en que queda o do Kun.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos