Publicador de contidos
Publicador de contidos

Darío Cabanelas, sangue galego na F4 francesa

Darío Cabanelas, sangue galego na F4 francesa

O piloto, de pai ourensán, está sendo seguido por varios equipos da F1

G24.gal 09/10/2022 11:17 Última actualización 09/10/2022 11:41

Nado en Lausana (Suíza), de pai galego e nai ucraína, Darío Cabanelas leva unha carreira meteórica no motorsport dende que, con nove anos, tivo que deixar a súa casa para enrolarse na Academia de Fernando Alonso en Oviedo. O seu soño, evidentemente, é poder chegar á Fórmula 1. Este sábado pasou pola sección de motor do #GaliciaEnXogo con Rodrigo Pérez Pardo.

"Foi difícil deixar a familia sendo tan novo. Pero aprendín moito desa experiencia. Sobre todo cando veu Fernando Alonso. Con el adquirín moitos coñecementos nun par de días. É un piloto e unha persoa excelente. O meu soño é a Fórmula 1, e teño que ir paso a paso. Agora compito na F4 francesa porque en Suíza non hai competicións por enriba do kárting. É un monopraza máis pesado, rápido e con carreiras máis longas, pero a condución é a mesma que nun kart".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade