Publicador de contidos
Publicador de contidos

Darío Villanueva, distinguido pola USC, onde foi estudante, reitor e catedrático de literatura

Darío Villanueva, distinguido pola USC, onde foi estudante, reitor e catedrático de literatura

O ocupante da cadeira coa letra D maiúscula da Real Academia Española foi distinguido pola súa actividade docente

G24.gal 09/06/2023 14:17

Darío Villanueva recibiu esta mañá o recoñecemento do Consello Social da Universidade de Santiago pola súa traxectoria profesional.

O ocupante da cadeira coa letra D maiúscula da Real Academia Española, foi distinguido pola súa actividade docente, realizada principalmente na universidade santiaguesa, da que é profesor emérito.

A institución universitaria, na que foi estudante, catedrático e reitor, celebra a frutífera carreira de Villanueva, que recibiu múltiples premios e condecoracións nacionais e internacionais. Honoris causa por diversas universidades, Darío Villanueva publicou numerosos libros e é colaborador habitual de medios de comunicación e revistas especializadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade