Os sindicatos piden ampliar os sectores que acceden á xubilación anticipada
Os sindicatos piden ampliar os sectores que acceden á xubilación anticipada
Reclaman que se aplique naqueles traballos máis perigosos ou esixen máis esforzo físico
Poder xubilarse antes da idade establecida e sen perder cartos. É a reclamación que fan os sindicatos para aqueles sectores nos que o traballo require de maior esforzo ou é máis perigoso. Condutores profesionais ou vixilantes de seguridade veñen reclamando poder xubilarse antes sen que os penalicen e únense a sectores como a construción ou as camareiras de piso.
É unha das cuestións que se aborda na mesa de negociación das pensións. Dende o Ministerio da Seguridade Social apuntan que as reunións están a ser frutíferas. Os sindicatos reclaman que se estenda o contrato de remuda.
O vindeiro luns, sindicatos, patronal e Goberno volven reunirse para analizar como aplicar e en que casos esa xubilación.