Publicador de contidos
Publicador de contidos

Declaran os nove detidos polo naufraxio do barco de inmigrantes en Grecia

Declaran os nove detidos polo naufraxio do barco de inmigrantes en Grecia

O número de inmigrantes mortos elévase a 81

A Frontex gravou o barco ateigado de inmigrantes horas antes do naufraxio A Frontex gravou o barco ateigado de inmigrantes horas antes do naufraxio
G24.gal 20/06/2023 08:04

Os nove detidos polo naufraxio da semana pasada nas costas gregas comparecen hoxe ante a Fiscalía. Están acusados de tráfico ilícito de inmigrantes. E estas son as primeiras imaxes do barco en movemento. Gravounas a Frontex, a Axencia Europea da Garda de Fronteiras e Costas, 13 horas antes do afundimento.

As últimas investigacións din que no barco viaxaban 750 persoas e que a bodega ía ateigada de mulleres e nenos. Onte recuperaron dous cadáveres máis, co que se eleva a 81 o número de mortos neste naufraxio. Cincocentas persoas inda continúan desaparecidas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade