Cargando resultados...
Deixa todo en Madrid para comprar unha aldea abandonada na Pontenova
Deixa todo en Madrid para comprar unha aldea abandonada na Pontenova
Quere crear un aloxamento rural e unha aldea infantil
O proxecto contempla rehabilitar 22 edificacións dunha aldea abandonada da Pontenova
G24.gal
14/02/2022 20:14
Levaba décadas sen vida, tan só algunhas visitas vacacionais. Agora esta aldea de Vides, na Pontenova, rexorde grazas ao proxecto de Malou. Esta francesa de nacemento vendeu todo en Madrid e investiu máis de 200.000 euros na compra das 22 edificacións, entre elas, catro hórreos.
O primeiro paso vai ser rehabilitar dúas delas para o turismo rural. Un proxecto bautizado como Vides Vive en que colaboran tamén os seus fillos. Pouco a pouco irán rehabilitando as casas, que conservarán os nomes que no seu día lles deron os veciños.