Publicador de contidos
Publicador de contidos

Denuncian en Samos uns familiares polo cambio na sepultura sen permiso

Denuncian en Samos uns familiares polo cambio na sepultura sen permiso

Presentaron denuncia porque temen que manipulasen os restos 

Os presuntos autores desta alteración alegan que a tumba vai incluída na herdanza da casa

G24.gal 14/08/2022 19:12 Última actualización 14/08/2022 19:47

Antes era gris e agora é de mármore negro e os nomes das persoas que estaban aquí enterradas desapareceron. Os seus familiares están indignados e presentaron unha denuncia cando tiveron coñecemento dos feitos. Temen que manipulasen os restos.

Os denunciantes son dous irmáns que residen fóra, pero que cada verán acoden limpar a sepultura. Queren chegar ao fondo do asunto porque non comprenden que os traballos se autorizasen sen ter os documentos de propiedade.

Pola súa banda, os presuntos autores desta alteración na lápida, e que comparten antepasados cos afectados, alegan que a sepultura lles pertence e está incluída na herdanza da casa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade