Publicador de contidos
Publicador de contidos

Denuncian que un accidente mortal que ocorreu en Lugo leva dous anos sen xulgar

Denuncian que un accidente mortal que ocorreu en Lugo leva dous anos sen xulgar

O condutor que provocou o sinistro triplicaba a taxa de alcol

 

G24.gal 27/09/2024 14:11

Dous anos van xa dun tráxico sinistro que conmociouno a cidade de Lugo. Nel morreu Roberto Rubio, un barbeiro de profesión coñecido como Paradela. Tiña 50 anos, era afeccionado ás motos e levouno por diante o condutor dun coche que triplicaba a taxa de alcol e que quedou en liberdade con cargos tras pasar a disposición xudicial.

"Estaba parado nun semáforo e esta persoa veu por detrás e atropelouno. Triplicaba a taxa de alcol, no momento do accidente levárono, pero á mañá seguinte xa estaba fóra", relata Lorena Fernández, parella do home falecido.

Os seus familiares, amigos e compañeiros do Motoclub Lucus Riders, ao que pertencía, denuncian que dous anos despois o caso segue sen xulgar e a persoa que provocou o sinistro mortal segue na rúa. Non entenden a dilatación deste procedemento para o que nin sequera hai data de xuízo e, agora, coincidindo co aniversario do falecemento, enchen Lugo de pancartas pedindo xustiza.

"O atestado está, as testemuñas tamén, todo está feito polo que non sabemos porqué esta espera. Dous anos sen ter nin data para o xuízo paréceme moito tempo. Esa persoa está libre, nós a Roberto xa non o temos, e el anda por aí sen consecuencia ningunha", explica Lorena Fernández, parella do motorista falecido.

O ministerio fiscal solicita para o condutor que causou o accidente unha condena de tres anos de prisión por un delito de homicidio por imprudencia grave, unha petición de pena que a acusación particular eleva a cinco anos de cadea.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade