Cargando resultados...
Desaloxan por precaución 50 persoas nunha nave da Pobra tras declararse un incendio
Desaloxan por precaución 50 persoas nunha nave da Pobra tras declararse un incendio
O lume rexistrouse nunha carpa adxacente ás instalacións con material almacenado
Parque de Bombeiros de Boiro nunha imaxe de arquivo
G24.gal
14/12/2024 10:07
Última actualización 14/12/2024 10:28
Un incendio nunha carpa adxacente a unha nave industrial provocou o desaloxo por precaución de 50 persoas esta madrugada no polígono industrial da Tomada, na Pobra do Caramiñal.
O suceso, que se saldou sen danos persoais, comezou sobre as 4:20 horas deste sábado, segundo informou o 112 Galicia. No operativo participaron os bombeiros de Ribeira e Boiro, axentes da Garda Civil e membros de Protección Civil da localidade.
Tras a actuación dos servizos de emerxencia, o persoal regresou aos seus postos de traballo. O lume queimou parte do material almacenado na carpa pero non afectou a nave.