Publicador de contidos
Publicador de contidos

Desarticulan unha rede que introducía cocaína polo porto de Vigo e buscan o seu líder

Desarticulan unha rede que introducía cocaína polo porto de Vigo e buscan o seu líder

A Policía Nacional e Vixilancia Aduaneira comisan 650 quilos de droga oculta nun cargamento de bananas e deteñen oito persoas

O suposto líder da organización, un galego radicado en Málaga, logrou fuxir

G24.gal 04/05/2023 10:50 Última actualización 04/05/2023 16:36

A Policía Nacional busca o líder dunha rede de narcotráfico que tentou introducir 650 quilos de cocaína a través do Porto de Vigo. Na operación, en conxunto con Vixilancia Aduaneira, incautáronse da droga e detiveron oito persoas e comisaron a droga agochada nun cargamento de bananas.

Os investigadores consideran desarticulada unha rede que tiña establecida unha ruta de entrada de droga entre Colombia e Vigo. O GRECO Galicia da Policía Nacional e Vixilancia Aduaneira executaron a aprehensión dos 650 quilos de droga e a detención de oito persoas. O líder da organización que estaría tras o alixo conseguiu fuxir. Trátase dun home galego pero radicado en Malága dende hai oitos anos. 

O 25 de abril chegaba ao porto de Vigo un barco procedente de Colombia con froita. Descargou 14 palés. Aduanas estaba ao tanto de posibles irregularidades pero agardou a que os responsables da descarga levasen o cargamento de madrugada a unha nave da cidade de Vigo.

Alí procederon a detención de catro persoas. Nese cargamento estaban os 650 quilos de cocaína repartidos e dous lotes. Conxuntamente en Málaga arrestaron os catro restantes. 

A Fiscalía Antidroga de Pontevedra e o Xulgado de Instrución número 1 de Vigo, en función de garda, situáronse á fronte deste novo golpe ao narcotráfico nas Rias Baixas. Os oito detidos pasaron a disposición xudicial a semana pasada, para catro deles decretouse o ingreso en prisión, mentres que os outros catro quedaron en liberdade.

O responsable do alixo, en Málaga nese momento, conseguiu fuxir. Fontes relacionadas coa investigación do caso consideran que é o responsable dunha ruta estable de entrada de cocaína a España dende Colombia a través do porto de Vigo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade