Publicador de contidos
Publicador de contidos

Descobren en Castroverde unha necrópole cunha vintena de tumbas medievais

Descobren en Castroverde unha necrópole cunha vintena de tumbas medievais

O achado produciuse durante as obras de reparación da casa reitoral próxima á igrexa do Páramo

A necrópole é unha das máis grandes atopadas ata o momento en Galicia

G24.gal 16/07/2023 11:18 Última actualización 16/07/2023 11:29

Pouco queda en pé da reitoral de San Miguel do Páramo, con valor histórico e que se estaba a recuperar, cando se descubriu que baixo dela se agochaban outros elementos de grande interese.

Trátase de varias tumbas que agora se están estudando. Están dispostas en paralelo, entre a reitoral e o camiño de acceso á igrexa, situadas nun antigo castro. Non son as primeiras que apareceron neste concello.

A necrópole que acaba de ser descuberta pasa por ser unha das maiores de Galicia ata o momento.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade