Publicador de contidos
Publicador de contidos

Despedidas e reencontros nos aeroportos galegos para rematar 2022

Despedidas e reencontros nos aeroportos galegos para rematar 2022

Hai programados 180 voos para esta fin de semana

Estes días toca volver á casa, a de aquí ou á de fóra

Viaxeiros de fin de ano no aeroporto Rosalía de Castro
G24.gal 31/12/2022 14:52 Última actualización 31/12/2022 16:36

Neste remate do ano os aeroportos galegos volven converterse en punto de chegada e despedida de moitas familias. No Rosalía de Castro de Santiago superaranse esta fin de semana os 100 voos e Alvedro e Peinador rozarán os 40 cada un. 

As apertas na porta de chegadas son todas semellantes, as daqueles que non puideron pasar o Nadal aquí pero que non deixan rematar este 2022 sen xuntárense cos seus.

"Vimos para unha semana, este ano xustiño. Quedamos aos Reis e con moitas ganas de estar na terriña". 

A zona de embarque en fin de ano xa ten un aire diferente: despedidas dos que volven á súa vida lonxe porque logo hai que ir traballar ou visitas aos que están fóra para rematar o ano xuntos.

"O noso plan de viaxe é ir pasar estas datas a Gran Canarias que está súa irmá e agradecerlles que nos axudaron moito a coidar os nosos fillos".

"E os galegos tiramos moito para a casa, a min dáme moita morriña. Este é o primeiro ano desde que estou aló, hai 9 anos, que paso todo o Nadal coa familia".

Dous destinos, Londres e as Canarias que coinciden nunha cousa que hoxe é importante, a hora na que entrarán en 2023 ao son das badaladas.

"A comer as uvas ás 11 da noite, en horario español. Eu teño amigos aló que as toman ás 11 a canda os de aquí e despois aínda o fan pola hora de alá. Dúas veces, que total é froita".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar