Deteñen dous homes na Coruña con artigos falsificados por valor de 20.000 euros
Deteñen dous homes na Coruña con artigos falsificados por valor de 20.000 euros
Os dous arrestados están acusados dun suposto delito contra a propiedade intelectual
Os investigadores destacan que vendían os produtos falsificados a través das redes sociais
A Garda Civil detivo dous homes, veciños da Coruña, con artigos falsificados valorados en 20.000 euros.
Durante unha investigación, nomeada operación Anosu, o instituto armado descubriu unha estrutura para a comercialización de produtos falsificados de marcas recoñecidas a nivel internacional.
Os investigadores localizaron dous homes na Coruña, que vendían algúns destes produtos a través das redes sociais.
A Garda Civil inspeccionou o local que utilizaban, onde había pezas de vestir, bolsos e calzado deportivo, que tiñan unha marca que non correspondía coa da súa fabricación.
No local atoparon tamén unha gran cantidade de logotipos que replicaban os orixinais.
Os dous homes detidos están acusados dun suposto delito contra a propiedade industrial.