Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen un home en Castro Caldelas por ameazar cunha arma un médico

Deteñen un home en Castro Caldelas por ameazar cunha arma un médico

Os feitos sucederon durante a madrugada deste domingo no PAC da vila

Axente da garda Civil ante vehículo patrulla
G24.gal 26/02/2023 15:38 Última actualización 26/02/2023 21:06

A Garda Civil detivo un home durante a madrugada do domingo por ameazar cunha arma os profesionais sanitarios que realizaban a garda médica no punto de atención continuada de Castro Caldelas.

Todo sucedeu contras as cinco cando o arrestado entrou no edificio para que o atendesen. Logo de estar co médico e saír do PAC, o home pretendeu entrar outra vez, forzando a porta do local,  que estaba pechada. Apareceu entón cunha arma e ameazou de xeito agresivo o médico. Tratábase, ao parecer, dunha pistola de aire comprimido e levaba tamén unha navalla.

En vista do seu estado, o médico logrou reducilo nun momento en que baixou a garda e logrou facerse coas armas. Desde o PAC avisaron a Garda Civil e desprazouse ata o lugar unha patrulla de Castro Caldelas e axentes do Barco de Valdeorras, que se fixeron cargo da situación e arrestaron o home.

O detido xa tiña protagonizado con anterioridade feitos semellantes con agresións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade