Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen en Alemaña dous presuntos espías rusos por orde da Fiscalía Xeral

Deteñen en Alemaña dous presuntos espías rusos por orde da Fiscalía Xeral

Son dous cidadáns ruso-alemáns acusados de prepararen actos de sabotaxe para socavar o apoio militar prestado por Alemaña a Ucraína

(Friso Gentsch / DPA / Europa Press) (Friso Gentsch / DPA / Europa Press)
G24.gal 18/04/2024 09:47

A policía alemá detivo dous presuntos espías rusos por orde da Fiscalía Xeral, segundo confirmaron fontes xudiciais.

Os dous homes estaban baixo sospeita de preparar actos de sabotaxe con explosivos en Alemaña por encargo dos servizos secretos rusos. A detención produciuse na cidade de Bayreuth (norte de Baviera).

Son dous cidadáns ruso-alemáns acusados de prepararen actos de sabotaxe para socavar o apoio militar prestado por Alemaña a Ucraína

O principal sospeitoso é un cidadán ruso-alemán de 39 anos a quen un comunicado da fiscalía identificou como Dieter S.

A fiscalía considera que Dieter S. vixiou co seu cómplice, Alexander J., tamén cidadán ruso-alemán, instalacións das Forzas Armadas dos EUA en Alemaña, entre elas un importante campo de prácticas en que reciben instrución militares ucraínos.

A fiscalía asegura que Dieter S. ten contactos cos servizos secretos rusos cos que estuda posibles actos de sabotaxe desde outubro de 2023, para socavar o apoio militar prestado por Alemaña a Ucraína.

Dieter S. declarouse disposto a perpetrar atentados contra infraestrutura militar e industrial en Alemaña para o que solicitou información sobre posibles obxectivos e contou co apoio de Alexander J. desde marzo de 2024.

Por outra banda, sospéitase que Dieter S. estivo a loitar entre decembro de 2014 e setembro de 2016 nunha unidade armada da autoproclamada República Popular de Donetsk, cualificada pola fiscalía como organización terrorista.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade