Publicador de contidos
Publicador de contidos

Á espera de declarar ante o xuíz a muller detida pola morte da súa filla en Xixón

Á espera de declarar ante o xuíz a muller detida pola morte da súa filla en Xixón

O pai da nena, de seis anos, asegura que o venres lle concederan a custodia

A autopsia confirmará se a menor morreu pola inxesta de pastillas 

EFE/ Eloy Alonso
G24.gal 31/10/2022 09:12 Última actualización 31/10/2022 20:08

A Policía Nacional detivo en Xixón unha muller despois de que os axentes a atopasen na cama xunto á súa filla de seis anos morta nunha vivenda de alugueiro.

A alerta saltou, cando os axentes recibiron a chamada de familiares da nena, preocupados porque non daban contactado con ela.  Cando a policía logrou entrar na casa e atopou a nena xa falecida tendida na cama xunto a súa nai. E xa non puideron facer nada por reanimar a pequena. Supostamente levaba varias horas morta pola inxesta de pastillas. Haberá que agardar a autopsia. 

A nai da nena falecida está detida, primeiro foi trasladada ao hospital porque dixo que tomara tranquilizantes, agora está á espera de pasar a disposición xudicial.

  Nai e filla levaban pouco tempo vivindo neste edificio, e tiñan pouca relación cos veciños. A muller estaba separada. O pai da nena vive en Segovia e asegura que tras anos de loita, o venres concedéranlle a custodia. Tiña pensado levala consigo este martes.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade