Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tres detidos na Coruña acusados de explotar sexualmente mulleres

Tres detidos na Coruña acusados de explotar sexualmente mulleres

Na operación policial que desartellou unha rede de prostitución tamén foron detidas outras 7 persoas nas provincias de Valencia e Zaragoza

A Policía Nacional liberou oito mulleres e retidas pola rede criminal, de orixe suramericana

G24.gal 06/05/2022 12:22

A Policía Nacional liberou oito mulleres ao desarticular unha organización criminal de orixe suramericana que, ao parecer, as explotaba sexualmente en pisos de citas situados na provincia de Valencia.

A maioría das vítimas son mulleres colombianas que eran captadas no seu país de orixe a través de redes sociais onde lles ofrecían traballos legais e dignos en España. Unha vez aquí, en España, eran obrigadas a prostituírse nestes pisos. Unha das mulleres chegou a ser violada por un dos clientes sen que ningún membro da organización o impedise, segundo informou a Dirección Xeral de Policía nunha nota de prensa.

Na operación policial detiveron 10 persoas, cinco na provincia de Valencia, tres na Coruña e dúas en Zaragoza, e incautáronse de 21.450 euros en metálico, varios teléfonos móbiles e videocámaras de vixilancia.

A investigación policial iniciouse tras unha denuncia que alertaba da posible existencia dun grupo criminal conformado por cidadáns suramericanos dedicados, presuntamente, á trata de seres humanos con fins de explotación sexual, tráfico de drogas e prostitución.

As investigacións policiais constataron a existencia desa organización, asentada na provincia de Valencia pero que antes xa operara nas provincias da Coruña e Zaragoza. Os pisos onde prostituían as súas vítimas contaban con sistemas de vídeo vixilancia que permitían controlar todos os seus movementos.

As mulleres eran obrigadas a anotar en cadernos os servizos que realizaban, incluído o método de pago, que podía ser en metálico, a través de plataformas de pagos móbiles ou mediante tarxeta de crédito. Esa relación de servizos e o diñeiro en metálico recadado debían introducilo en sobres cos seus nomes e depositalos en caixas de correos que a organización tiña instalados en cada un dos pisos.

De maneira periódica, os explotadores recollían os sobres e quedaban co 40 por cento da cantidade pagada por servizo. O resto era entregando ás mulleres.

A organización criminal incrementaba os seus beneficios coa venda de substancias estupefacientes e potenciadores sexuais aos clientes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade