Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detidas 19 persoas na Coruña acusadas de fraudes bancarias a través da rede

Detidas 19 persoas na Coruña acusadas de fraudes bancarias a través da rede

A Garda Civil desartellou unha organización dedicada a estafar logo de infectar equipos tecnolóxicos

G24.gal 15/10/2022 13:35 Última actualización 15/10/2022 20:46

A Garda Civil desartellou unha organización dedicada á fraude bancaria a través da rede, con ramificacións en Galicia.

Infectaban equipos con software malicioso, virus tipo troiano, e logo podían usar eses aparellos para materializar a estafa.

Nesta operación, as forzas de seguridade detiveron 19 persoas na provincia da Coruña (na cidade herculina, Cambre, Fene, Ferrol, Oleiros e Sada). Tamén se produciron tres arrestos en Barcelona e un en Soria.

O líder do grupo criminal, que mantiña relación de amizade cos captadores, é un home natural do Brasil e veciño de Ferrol.

Relacións sentimentais

Moitas das vítimas son mulleres novas captadas polos integrantes da rede, logo de manteren con elas relacións sentimentais.

Aproveitando este achegamento, conseguían que lles facilitasen o acceso e o control ás súas contas bancarias, a cambio de distintas cantidades económicas, para recibir os cartos procedentes das estafas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade