Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detidas tres persoas en Caldas de Reis cando transportaban un quilo de haxix nun vehículo

Detidas tres persoas en Caldas de Reis cando transportaban un quilo de haxix nun vehículo

A Garda Civil interceptou o vehículo nun control nunha peaxe da autoestrada AP-9

Os investigados por tráfico de drogas son tres homes de 22, 39 e 42 anos de idade, veciños de Ourense, Santiago e A Coruña

G24.gal 19/02/2024 11:58

A Garda Civil detivo tres persoas a pasada madrugada, tras ser sorprendidas nun control en Caldas de Reis transportado un quilo de haxix nun vehículo.

Segundo informaron fontes da Comandancia de Pontevedra, os tres supostos delincuentes foron interceptados nun control nunha peaxe da autoestrada AP-9. Nese control, os axentes inspeccionaron o habitáculo do vehículo e atoparon, baixo o asento do condutor, unha bolsa de plástico en cuxo interior había un paquete envolto en cinta de embalar, e que contiña un quilo de haxix.

Dentro do paquete había 10 placas desta substancia, cunha etiqueta e unha foto dunha planta de cánnabis. Ao detectar o nerviosismo dos ocupantes do coche, os axentes pediron reforzo de varias patrullas, e procedeuse á detención destas tres persoas.

Trátase de tres homes de 22, 39 e 42 anos de idade, veciños de Ourense, Santiago e A Coruña, investigados como supostos autores dun delito de tráfico de drogas. As dilixencias serán remitidas ao xulgado de Caldas de Reis, onde deberán comparecer os investigados cando sexan citados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade