Detidas tres persoas por tráfico de drogas en Arteixo
Detidas tres persoas por tráfico de drogas en Arteixo
Un deles tiña unha orde de busca do Xulgado do Penal e ingresou en prisión
A Garda Civil detivo tres persoas por tráfico de drogas e posesión ilícita de armas en Arteixo, nun operativo en que foi intervido un quilo de MDMA (tamen coñecido como éxtase) en rocha e unha pistola.
Unha patrulla observou dous homes en Meicende, que, ao se decataren da presenza dos axentes, tiraron unha bolsa debaixo dun colector e tentaron fuxir. Identificáronos e, debido ao seu nerviosismo, realizouse un rexistro en que se lles atopou unha arma corta cargada e munición aos dous individuos. Na bolsa tirada baixo o contedor atopouse a metanfetamina.
Un dos detidos contaba cunha orde de busca, detención e comparecencia emitida polo Xulgado do Penal número 5 da Coruña.
Estas dúas detencións deron lugar a unha terceira, que contaba no seu domicilio con 16 cartuchos do mesmo calibre da arma de que se incautaron.
Os detidos son dous veciños da Coruña e un de Arteixo, foron postos ao dispor xudicial no Xulgado de Instrución número 2 da Coruña, que decretou ingreso en prisión para o veciño de Arteixo e liberdade en calidade de investigados para os outros dous.