Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido o presunto agresor do porteiro dun pub en Carballo

Detido o presunto agresor do porteiro dun pub en Carballo

A vítima foi acoitelada nunha perna despois de impedirlle o paso a un grupo que quería entrar no local

O presunto agresor enfróntase a unha acusación de delito de homicidio en grao de tentativa

Cuartel da Garda Civil de Carballo onde permanece o presunto autor da agresión Cuartel da Garda Civil de Carballo onde permanece o presunto autor da agresión
G24.gal 19/11/2022 21:06 Última actualización 19/11/2022 21:23

Un porteiro dun local de hostalaría de Carballo foi acoitelado nunha perna esta madrugada despois de negarlle o paso a un grupo de persoas que pretendía acceder ao pub.

O presunto agresor xa foi detido e está pendente de pasar a disposición xudicial por un delito de homicidio en grao de tentativa. 

Arredor das tres da mañá catro homes intentaron entrar no local situado na rúa da Estrela. Cando o porteiro lles impediu o paso enfrontáronse a el.

A liorta quedou inicialmente resolta pero hora e media despois un dos agresores volveu, acoitelouno á altura da femoral, e causoulle unha hemorraxia importante. Despois de ser trasladado ao hospital confirmouse que as feridas non revestían gravidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade