Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido o sexaxenario de Baños de Molgas por estragos e agresións aos seus veciños

Detido o sexaxenario de Baños de Molgas por estragos e agresións aos seus veciños

Ten máis dunha ducia de denuncias doutros tantos veciños da aldea de Almoite

G24.gal 11/01/2023 21:00 Última actualización 11/01/2023 21:18

Detido o home de Baños de Molgas que tiña atemorizados varios veciños. 

A Garda Civil tomoulle declaración tras as denuncias interpostas contra el polos últimos estragos causados. 

O sexaxenario foi detido hoxe pola tarde por axentes da Garda Civil en Almoite e trasladado a Maceda para un interrogatorio.  

Ten preto dunha ducia de denuncias de distintos veciños, polo que, a pesar da súa detención, na aldea non están tranquilos porque pensan que o soltarán e pode volver ás andadas, sobre todo se consome alcol.

Aseguran que as ameazas pola súa parte son constantes dende hai polo menos tres anos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade