Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido o sospeitoso de matar en Manhattan un alto executivo de UnitedHealth

Detido o sospeitoso de matar en Manhattan un alto executivo de UnitedHealth

O home, de 26 anos, tiña unha arma que coincide coa empregada no crime

Está acusado de asasinato e de cinco delitos máis

O sospeitoso do crime foi recoñecido nun restaurante de Pensilvania
G24.gal 10/12/2024 08:36

Deteñen en Pensilvania o sospeitoso de asasinar a semana pasada o director executivo da maior aseguradora sanitaria dos Estados Unidos. No momento de ser detido, portaba unha arma de fogo que coincide coa empregada no crime e un documento contra as compañías de seguros. 

Buscárono incansablemente desde o mércores pasado. Luigi Mangione, de 26 anos, descendente dunha familia rica de Maryland, era detido nunha cadea de comida rápida tras ser recoñecido por un dos empregados. As súas fotos circularan por todo o país des que o día 4 matara, supostamente, a Brian Thompson, o CEO da principal aseguradora sanitaria estadounidense, UnitedHealthcare, á saída dun hotel de Manhattan. A súa reacción ao ser identificado no local foi determinante. 

Algunhas fontes din que no momento da detención levaba unha arma, un silenciador, documentos falsos e un manifesto contra as empresas de saúde. A policía de Pensilvania di que contra el hai, literalmente, unha montaña de probas. Incluídos documentos escritos e dispositivos electrónicos, amais da máscara que levaba supostamente cando cometeu o crime.

Amais de ser acusado de asasinato en primeiro grao, un xulgado de Pensilvania impútalle cinco delitos relacionados con posesión de armas e falsificación.

"É un covarde, non un heroe", dixo o gobernador Josh Shapiro, en referencia ao apoio que recibiu o sospeitoso, sobre todo nas redes sociais, pola animadversión de boa parte da sociedade cara ao sector das aseguradoras médicas. 

O detido xa compareceu ante o xuíz, non fixo ningunha declaración e quedou en custodia sen posibilidade de fianza

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar