Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido por reter unha prostituta ameazándoa cunha pistola tras negarse a pagarlle

Detido por reter unha prostituta ameazándoa cunha pistola tras negarse a pagarlle

Axentes da Policía Local viron a muller pedindo axuda por unha fiestra

O home, veciño de Vigo, quedou en liberdade, investigado por un delito de detención ilegal

A pistola que empregou o detido era de simulación

G24.gal 10/11/2022 12:57

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un veciño da cidade, de 40 anos, que retivo unha prostituta ameazándoa cunha pistola no interior do seu domicilio.

Os feitos, segundo informou este xoves a policía, tiveron lugar na madrugada de onte, mércores, nunha vivenda da rúa Medoña, en Lavadores.

Os axentes viron a muller pedindo axuda por unha fiestra. Segundo comprobou a policía, o inquilino demandara servizos de prostitución e despois negárase a aboalos. Presuntamente sacou unha pistola e ameazou a vítima, de 34 anos, impedíndolle saír da casa.

A muller permaneceu varias horas encerrada ata que un veciño deu a voz de alarma. A vítima estaba en estado de choque e moi asustada, despois de conseguir encerrarse nun cuarto dende onde pedía auxilio.

Os axentes tiveron que tranquilizala para conseguir que lles relatase o sucedido. Comprobaron tamén que a pistola que empregara para coaccionala era de simulación.

O home, veciño de Vigo, foi detido, malia que negou as acusacións. Despois de pasar a disposición xudicial, quedou en liberdade, investigado por un delito de detención ilegal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade