Cargando resultados...
Deteñen o considerado como o maior falsificador de moeda de España
Deteñen o considerado como o maior falsificador de moeda de España
Era un dos dez fuxitivos máis buscados do país
G24.gal
01/06/2022 21:03
A policía Nacional detivo en Madrid un dos dez fuxitivos máis buscados que o Ministerio de Interior incluíu hai uns días nunha lista para pedir a colaboración cidadá.
Trátase de Manuel Bellido Moreno, considerado o maior falsificador de moeda de España. Segundo a policía, a súa detención foi posible grazas á información dun cidadán que situou o seu lugar de residencia na capital de España.
O ata agora prófugo foi condenado a nove anos de cárcere en sentenza firme por expedición e distribución de moeda falsa.