Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido un peregrino por gravar unha muller na ducha dun albergue de Portomarín

Detido un peregrino por gravar unha muller na ducha dun albergue de Portomarín

Quedou en liberdade tras prestar declaración no xulgado de Chantada

G24.gal 25/08/2022 14:00

O detido é un peregrino de 50 anos de nacionalidade portuguesa que facía o Camiño en compañía de varios familiares, entre os que se contan os seus propios fillos. Foi sorprendido gravando unha muller que se hospedaba no mesmo albergue mentres se duchaba.

"Supoño que é un caso illado, pero por desgraza hai xente con problemas psicolóxicos que ás veces se destapan cando ven a oportunidade", opina un peregrino.

Foi o marido da vítima quen descubriu que estaban gravando a súa muller. Houbo momentos de tensión e foron os encargados do albergue os que deron aviso á Garda Civil.

"A xente está moi interesada en que estes temas saían á luz pública e que as forzas de seguridade tomen as medidas oportunas porque non se pode permitir no Camiño nin en ningún sitio que pasen este tipo de cousas", comenta Ángel Trabada, da Asociación de Amigos do Camiño.

Un hostaleiro de Portomarín, Gerardo López, di : "Estas cousas non nos interesan que pasen aquí nin en ningunha parte".

O suposto acosador tentou borrar as probas do seu teléfono móbil pero a Garda Civil localizou o arquivo. Trátase dun feito desprezable e infrecuente no Camiño. "Este é un caso puntual. En 30 anos é a primeira vez que coñezo algo así no Camiño"; "Inusual. Este é o meu quinto Camiño de Santiago e nunca escoitei nada diso", comentan uns peregrinos.

Esta mañá quedou en liberdade tras prestar declaración no xulgado de Chantada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade