Detido un veciño de Celanova por supostamente agredir outro cun estilete na cara
Detido un veciño de Celanova por supostamente agredir outro cun estilete na cara
A vítima tentou mediar nunha discusión entre o presunto agresor e unha muller
O detido, de 77 anos, estaba na súa casa de Fechiñas, no concello ourensán de Celanova, discutindo cunha muller e chamou un amigo para que viñese, cando o home chegou á aldea entrou na casa, tentou mediar na lea entre a parella e chamou a Garda Civil. Foi entón cando recibiu un corte na cara cun estilete.
Ningún dos cinco veciños desta pequena aldea de Celanova soubo da agresión pero, din, non os sorprende xa que o presunto agresor é problemático e ten provocado, apuntan os veciños, varios altercados.
O presunto agresor foi detido por un delito de lesións, pasou esta mañá a disposición xudicial en Celanova e quedou en liberdade. A vítima, de 70 anos e veciño de Celanova, tivo que recibir dez puntos de sutura na cara.