Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detidos seis mozos alemáns en Mallorca pola violación grupal dunha moza

Detidos seis mozos alemáns en Mallorca pola violación grupal dunha moza

Os cinco están acusados dun delito de agresión sexual e a policía busca un sexto sospeitoso

G24.gal 14/07/2023 10:02

A Policía Nacional detivo seis mozos, turistas alemáns, pola presunta violación grupal dunha moza da mesma nacionalidade no cuarto dun hotel da Praia de Palma, en Mallorca.

Os cinco turistas, duns 20 anos, están acusados dun delito de agresión sexual e probablemente este sábado pasarán á disposición xudicial.

Os feitos están a ser investigados pola Unidade de Atención á Familia e Muller (UFAM) da Policía Nacional, que sinala que por agora non pode ofrecer máis datos sobre esta suposta agresión que está baixo investigación.

Ao parecer, a vítima, tamén duns 20 anos, estaba de vacacións cunhas amigas e coñeceu un mozo na zona da praia, onde falaron, consumiron varias bebidas alcohólicas, e, nun momento dado, bicáronse.

Despois foron xuntos ao cuarto do hotel, onde o mozo se aloxaba cuns amigos, situado na Avinguda de Fra Joan Llabrés. Ao entrar, a moza viu sorprendida que había catro rapaces máis, que tamén beberan.

A moza decidiu marchar, pero foi retida e seguidamente violada por algúns deles, mentres que outros non fixeron nada para impedilo.

Finalmente, logrou fuxir berrando e avisou o recepcionista, e este chamou inmediatamente a Policía Nacional, que compareceu no hotel, arrestou os cinco rapaces e requisoulles os teléfonos móbiles.

Os detidos aseguraron que as relacións sexuais foron consentidas pola moza, que foi atendida de urxencia en primeiro lugar nun centro de saúde e despois no Hospital Universitario Son Llàtzer.

Nun primeiro momento só foron detidos cinco persoas e a policía estivo buscando a un sexto integrante do grupo, que finalmente localizou. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade