Díaz avanza un acordo cos sindicatos para reducir a xornada laboral e o martes reunirá expertos para subir o SMI
Díaz avanza un acordo cos sindicatos para reducir a xornada laboral e o martes reunirá expertos para subir o SMI
Díaz avanza un acordo cos sindicatos para reducir a xornada laboral e o martes reunirá expertos para subir o SMI
O acordo establece a xornada laboral en 37,5 horas semanais
A vicepresidenta terceira e ministra de Traballo participou en Santiago na Asemblea Constituínte de Sumar Galicia que elixiu por unanimidade para liderar a formación a Verónica Martínez Barbero e Paulo Carlos López
A viceepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo, Yolanda Diaz, anunciou en Santiago que o próximo martes comezarán as reunións dos expertos para abordar un novo aumento do salario mínimo interprofesional.
Nesta liña, sinalou que en Galicia "melloran a súa posición salarial 136.000 traballadores" que, segundo a vicepresidenta, "ven como melloran a súa situación grazas á suba do SMI".
Díaz tamén se mostrou convencida de que nos próximos días haberá acordo cos sindicatos para a redución da xornada laboral a 37,5 horas semanais.
A ministra de Traballo fixo estas declaracións antes de asistir ao peche da Asemblea Constituínte de Sumar Galicia. Os líderes da formación son Verónica Martínez Barbero e Paulo Carlos López.
"Imos gañar dúas horas e media para que a xente poida vivir mellor. Temos que traballar menos para vivir mellor, aumentar a produtividade, loitar contra a emerxencia climática e, sobre todo, para ter mellor saúde mental", defendeu Díaz.
Anunciou Yolanda Díaz que vai pedir un encontro con Alfonso Rueda para falar do emprego en Galicia e dos cambios introducidos pola Xunta nas condicións dos parados.