Día de Reis con neve en Pedrafita do Cebreiro
Día de Reis con neve en Pedrafita do Cebreiro
Primeira nevada do ano na montaña luguesa
Galicia é unha das poucas comunidades autónomas onde non está activada ningunha alerta meteorolóxica. Pero a primeira nevarada do ano que caeu na montaña luguesa permite gozar dun día de neve no Cebreiro.
"Miramos na cámara e vimos que había neve e moi ben, viñemos cedo para que non houbese moita xente e aproveitamos moito aquí".
"Son de Romanía e encántame isto. Vivimos en Lugo e vimos sempre porque aos nenos lles gusta moito".
"Da Coruña, e é a primeira vez que vimos ao Cebreiro".
As temperaturas baixo cero desta madrugada contribuíron a conservar a nevada, o suficiente para pasar unha mañá diferente.
"Tirarme coa zorra, facer guerras coa neve, bonecos de neve, e nada máis".
"Vai moito frío? Si, e hai moita neve, pensaba que ía haber menos".
"Bastante, comparado coa última vez que viñemos o ano pasado".
"Traemos as zorras, outra no coche, e agora imos un pouco a ver a localidade".
Un plan divertido para cativos e maiores.