Día Internacional dos Dereitos dos Animais, unha data para a concienciación da poboación
Día Internacional dos Dereitos dos Animais, unha data para a concienciación da poboación
A mentalidade da sociedade galega ten mellorado nos últimos anos no respecto cara os animais de compañía e os seu coidado
Os centros de veterinaria recomendan intensificar a medicina preventiva, aplicando vacinas e desparasitacións rutineiras
En Galicia hai legalizados 803.383 cans, gatos, furóns, aves de rapina e outras mascotas
O 10 de decembro conmemórase o Día Internacional dos Dereitos do Animais. Unha data que se celebra desde o ano 1998 para concienciar toda a poboación sobre o respecto aos animais. Porque os animais, como seres vivos que senten, precisan, igual que as persoas, de leis que os protexan. E nos últimos anos, aínda que de xeito lento, moito melloraron os seus dereitos, por exemplo en canto ao benestar animal.
En Galicia hai legalizados 803.383 cans, gatos, furóns, aves de rapina e outras mascotas.
E a mentalidade tamén foi cambiando con respecto aos gatos, xa hai rexistrados uns 60.000 en Galicia. Pero esta cifra segue sen fiable debido á falta de control das colonias felinas, algo que se inclúe na nova Lei de Benestar Animal aprobada o ano pasado.
Segundo os datos do Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía (Regiac) desde outubro do ano pasado rexistráronse 53.017 cadelos, tres por cada neno que naceu en Galicia no mesmo tempo, uns 15.000.