Día Mundial da Loita contra a Sida: corenta anos de pandemia sen vacina
Día Mundial da Loita contra a Sida: corenta anos de pandemia sen vacina
Na actualidade hai uns 40 millóns de afectados polo VIH no planeta
Cada ano diagnostícanse uns 3.500 casos de sida en España
Calcúlase que un 20 por cento das persoas que o teñen non o saben
O Día Mundial da Sida busca recordar e concienciar a sociedade. Cada ano diagnostícanse uns 3.500 casos da sida en España nunha pandemia que fai desta volta 40 anos.
Desde o ano 1981, uns 80 millóns de persoas foron infectadas en todo o mundo e, delas, uns 40 millóns morreron por mor do virus. Un millón de vidas por cada ano de pandemia. Para elas van moitas lembranzas nesta xornada, para os que marcharon co virus
Hoxe, preto de 40 millóns de persoas están afectadas polo VIH no planeta. O ano pasado, 2020, rexistráronse millón e medio de novas infeccións, o cal supón unha cada vinte segundos.
A OMS, preocupada polo aumento de infeccións non diagnosticadas
E aínda hai outro dato case máis preocupante: calcúlase que un 20 por cento das persoas que o teñen nin o saben. A OMS amosouse preocupada tamén polo aumento de infeccións non diagnosticadas.
Aínda non existe unha vacina eficaz, pero a calidade de vida mantense grazas aos tratamentos antirretrovirais. Segundo a última estimación publicada polo Plan Nacional da Sida, en España viven máis de 151.000 persoas co VIH.
Os expertos lembran que a única maneira de mellorar unha epidemia é con medidas preventivas, que se deben aplicar con medios humanos, económicos e sociais.