Publicador de contidos
Publicador de contidos

Día Mundial da Poesía nas voces das nenas e nenos do Carballiño

Día Mundial da Poesía nas voces das nenas e nenos do Carballiño

O acto foi organizado pola Fundación Insua dos Poetas e nel participou o alumnado de oito colexios e institutos da comarca 

G24.gal 21/03/2023 14:39

Carolina Baranda Martínez e Valentina Nieto Gil recitan 'Mar de cores', do galego Xosé Luna.  É o poema que hoxe levaron ao escenario da Insua dos Poetas, no Carballiño, un recuncho dedicado ás artes e ás letras. 

Elas son alumnas do CEIP Virxe da Pena da Sela, do Irixo, pero no acto participaron outros sete colexios e institutos da comarca. Celebraban deste xeito o Día Mundial da Poesía, recitando poemas. 

Declamaron poesía de Rosalía de Castro ou de Eduardo Pondal. Poemas galegos que igual se crearon hai séculos, pero que hoxe lles resoan dentro como voces propias. 

"Gústame cando nalgunha poesía riman as palabras", asegura Valentina.  E Carolina explica: "Gústame a poesía porque me gusta o que transmite. Algunhas transmiten felicidade, outra amor, outra enfado, outra tristeza, e gústame descubrilo".

Poesía na voz de poetas como Nico e Eire, que recitaron 'A mar para amar'. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade