Publicador de contidos
Publicador de contidos

Díaz e Puigdemont coinciden en "explorar solucións democráticas" para Cataluña

Díaz e Puigdemont coinciden en "explorar solucións democráticas" para Cataluña

A xuntanza en Bruxelas entre a líder de Sumar e vicepresidenta do Goberno e o expresidente catalán é o primeiro contacto dun membro do Executivo de coalición co líder de JxCAT desde que fuxiu a Bélxica en 2017

04/09/2023 16:17 Última actualización 04/09/2023 19:43

Foi a primeira xuntanza dun ministro do Goberno de coalición co expresidente catalán Carles Puigdemont, prófugo da xustiza desde outubro de 2017. Unha reunión de tres horas que ambas partes din que abre o camiño dunha relación estable entre Sumar e Junts.

"Haberá máis reunións. Esta foi ben"

As dúas formacións pactaron explorar todas as solucións democráticas para desbloquear o conflito político catalán. Sen explicitar de que maneira.

A parte socialista do Goberno desvincúlase da xuntanza e afirma que Junts e o PSOE negocian directamente. Pedro Sánchez asegura que están dispostos a pactar cos independentistas e a dar pasos adiante dentro da Constitución.

Pedro Sánchez, presidente do Goberno en funcións, di: "É o momento da política, de pasar páxina, de aprender dos erros e apostar por un futuro de convivencia. O acordo pódese, débese e vaise alcanzar".

O PP aféalle a Yolanda Díaz que non se reunira con Núñez Feijóo, pero si con Puigdemont e critica as súas intencións.

Borja Sémper, portavoz do PP, di: "Foi achandar o camiño para facer presidente a Pedro Sánchez, e xa sabemos cales son as esixencias de Puigdemont. Aquí non son os independentistas os que menten, o que está xogando con nós é o Goberno de España".

Este martes está previsto que Carles Puigdemont faga públicas as súas condicións para apoiar a Pedro Sánchez nunha hipotética investidura. Alberto Núñez Feijóo segue preparando a súa, e reunirase co líder de Vox, cuxos apoios ten xa comprometidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade