Diego Ríos: "Quero decidir ben o meu futuro, sen présa e con paciencia"
Diego Ríos: "Quero decidir ben o meu futuro, sen présa e con paciencia"
O exadestrador do Levante pasou polo Congreso Camiño do futsal organizado pola Federación Galega
O lucense Diego Ríos foi un dos persoeiros de excepción no Congreso celebrado esta fin de semana en Santiago de Compostela. Falou sobre a súa marcha do conxunto granota
"No Levante puiden vivir os grandes eventos do fútbol sala, as mellores competicións, cumprín o que quería a nivel persoal e profesional. é un club que aposta moito polo fútbol sala, usando recursos do primeiro equipo. O presidente era un fan absoluto. estou agardando se sae algunha opción pero vouno tomar con calma. Hai que pensalo ben, e tomar unha decisión con calma e paciencia. Sen presas. "
Ademáis Diego Ríos quixo lembrar tamén o proxecto do Lugo Sala, que conqueriu o ascenso esta temporada
"Xa hai case douscentos nenos que ven no primeiro equipo un reflexo. Xa está na 2ª B e agora hai que ir pouco a pouco para ir chegando á elite e poñer Lugo de novo no máis alto. Acadar un ascenso é moi difícil, non hai que ter presa. Hai gañas de levar equipo arriba. Volve respirarse un aire de fútbol sala"