O galego Diego Trillo, candidato a Pasteleiro Revelación 2022 en Madrid Fusión
O galego Diego Trillo, candidato a Pasteleiro Revelación 2022 en Madrid Fusión
É o único galego entre os seis pasteleiros de toda España elixidos polo xurado
Basea o seu produto nos ingredientes de quilómetro cero e nas receitas tradicionais
Chegamos polos pelos gravar o último de hoxe dos famosos pans de juevo que lle dan nome á pastelería que abriu Diego Trillo, ceense de 33 anos, en plena pandemia na súa vila natal hai só un ano.
De aí a sorpresa de que o elixisen como candidato a Pasteleiro Revelación de Madrid Fusión 2022. O propio Diego cóntanos que aínda está en shock.
"Foi un shock porque non esperabamos, non sabiamos nada diso, e chegounos ao sabermos un pouquiño de casualidade a través das redes"
Quedamos tamén coas ganas de probar as galletas de manteiga que o fixeron voar á nominación , doces que aprendeu a facer coa súa nai desde moi pequeno para agasallar polo Nadal.
Así que el agora tamén as fai só nesa época pero a diario saca miles de calquera outra especialidade.
E que di a nai, a verdadeira culpable?
"Cando a chamei por teléfono sei que empezou a saltar e estaba emocionadísima e superorgullosa"
Cal é o segredo do seu éxito: os ingredientes de quilómetro cero ou a receita tradicional do pan de juevo?
"Algo que nos din moi habitualmente é que lles recorda ao da súa avoa ou que facía 40 anos que non probaban un pan de juevo como este"
O ruxerruxe achaca o sabor ao amor que Diego, Mariana, Mari e Jeny poñen no seu traballo. De momento, o flamante candidato segue en probas e non adianta nada do que vai presentar en Madrid Fusión.
Ten ata o 11 de marzo pero sabe que a súa proposta levará seguro manteiga e ovos caseiros de Zas como ingredientes principais.