Diego Vallejo: “Calleja díxome: quero un ‘xeosacho’ para o Dakar, é unha idea xenial”
Diego Vallejo: “Calleja díxome: quero un ‘xeosacho’ para o Dakar, é unha idea xenial”
Unha pa tradicional adaptada ao deserto para desenterrar as rodas
Comparte novo equipo co coñecido presentador Jesús Calleja
Probarán un novo combustible cun impacto contaminante cero
O piloto galego Diego Vallejo pasou por Zona mixta para contarnos a súa aventura no Dakar deste ano. Ten novo equipo, o Astara, onde correrá este ano o coñecido presentador Jesús Calleja.
"É un tipo moi simpático e non cala, menos mal que vai no outro coche", dixo entre sorrisos
Probarán o e-fuel, un combustible que non contamina
Nesta edición van probar o 'electric-fuel', baseado na auga e que ten un impacto cero en emisións contaminantes, segundo nos contou Vallejo. Nun futuro, incluso, podería adaptarse ao mercado tradicional
"Perdes algo de potencia, pero ganas en par do coche, é moi interesante para nós"
Un grupo de WhatsApp de galegos
A través dun grupo de mensaxería levan anos comunicándose para falar desta histórica proba do calendario do motor.
"Esperemos non ter que usar o grupo para dicir que nos veñan buscar que está o coche varado"
A calor provoca alucinacións no deserto
Contou Vallejo varias anécdotas de compañeiros que, debido ás condicións estremas do deserto, sufriron visións
"Un pensaba que estabamos nun parque de estacionamento dando voltas durante media hora. Paramos, hidratouse e díxenlle que estaba alucinando"