Aumentan as solicitudes para adaptar os horarios laborais cos coidados dos fillos
Aumentan as solicitudes para adaptar os horarios laborais cos coidados dos fillos
O dereito á conciliación está protexido por directivas europeas
Cando se pregunta por conciliar a resposta maioritaria é común.
"Uff, moi difícil, conciliar hoxe en día é bastante complicado"; "Estou facendo cálculos e é dificilísimo. É unha trampa, conciliar non existe".
Toca coordinar horarios cos máis pequenos. Cada vez son máis comúns as solicitudes para adaptar as xornadas.
As principais dificultades adoitan xurdir no sector privado. Pero nos despachos de avogados destacan que a lei protexe os pais.
"Na práctica ese dereito existe e estase dando. Aínda que inicialmente a solicitude veña denegada simplemente con ir a un avogado ou ao comité de empresa co primeiro requirimento adoita admitirse porque saben que a nivel xurídico está moi protexido", explica Marcos Guerra, avogado laboralista.
As denegacións deben estar moi ben xustificadas, e é que hai directivas europeas que protexen a conciliación.