Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dimite Camino Limia, a conselleira de Vox no Goberno de Estremadura

Dimite Camino Limia, a conselleira de Vox no Goberno de Estremadura

É a única representante do partido de Abascal no Executivo da popular María Guardiola

Na renuncia alega motivos persoais

G24.gal 05/10/2023 20:40

A conselleira de Xestión Forestal e Mundo Rural da Xunta de Estremadura Camino Limia, única representante de Vox no goberno da popular María Guardiola, presentou a súa dimisión do cargo alegando motivos persoais.

Limia será substituída no cargo por Ignacio Higuero de Juan, que ata o de agora ocupaba unha das tres direccións xerais que dependen desa Consellería, en concreto a de Xestión Forestal, Caza e Pesca. 

O Consello de Goberno da Xunta de Estremadura celebrará este venres unha reunión extraordinaria para o cesamento oficial e o nomeamento do novo conselleiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade