Dispárase a demanda de aceite de oliva en Internet
Dispárase a demanda de aceite de oliva en Internet
A xente busca ofertas en Internet que deixen maior marxe de aforro
A venda directa aos produtores é unha das mellores opcións
"Por Internet nunca compro nada de alimentación, só compro algo de aceite directamente da bodega", comenta un señor.
O aceite de oliva está polas nubes.
"Nalgúns supermercados xa teñen as botellas como as botellas de bebidas alcohólicas", apunta unha señora.
Comprar directamente aos produtores a través de Internet está converténdose na saída de moitas familias para afrontar as continuas subas de prezo.
"Esa venda directa de Internet elimina intermediarios de por medio e pode ser unha opción moi interesante pois comprar directamente aos elaboradores, aos produtores, ás cooperativas de pequenos agricultores que venden un aceite de oliva por Internet excelente", explica Enrique García, voceiro da OCU
O prezo do virxe extra, no súper anda polos 8,50 euros o litro, en orixe xa se paga a máis de 7. Por iso a xente intenta evitar intermediarios.
"Cómprame a miña filla, que vive na Coruña e como vén cada quince días xa mo trae", relata unha muller.
"Nós compramos unha vez ao ano en cooperativa directamente", conta outra.
"Hai veces que temos que ir mercar a cooperativas e así porque che fan prezo, á parte de porque te coñecen, porque comprar industrial 5 litros ou 10 sáeche máis accesible que coller un litro no supermercado", comenta unha rapaza.
Segundo un portal comparador de prezos, as buscas de aceite máis barato a través de Internet triplicáronse neste último ano. Con todo, as gangas non existen.
"Non vai para abaixo tampouco en Internet, eh!", quéixase unha muller.
"Tampouco vin moitas ofertas se che digo a verdade, non atopei de momento ningunha, a ver se fan algunha e podemos seguir consumindo aceite sen problema", indica unha rapaza.