Publicador de contidos
Publicador de contidos

Disturbios en París nas protestas polo atentado contra un centro cultural kurdo

Disturbios en París nas protestas polo atentado contra un centro cultural kurdo

A marcha acaba con incidentes nas proximidades da praza da República

Os axentes antidisturbios lanzaron gases lacrimóxenos e cargaron contra grupos violentos

Incidentes en París na manifestación de repulsa polo atentado contra un centro kurdo
G24.gal 24/12/2022 15:52

A manifestación de militantes kurdos en París en homenaxe ás tres vítimas dun tiroteo fronte a un local cultural desa comunidade na capital francesa dexenerou este sábado en disturbios e enfrontamentos coas forzas da orde, que contestaron co lanzamento de gases lacrimóxenos.

Varios miles de persoas manifestáronse de forma pacífica na praza da República, a poucos metros do lugar onde un sexaxenario matou tres persoas este venres e feriu outras tantas nun tiroteo mortal, antes de ser arrestado.

A manifestación, en que moitos dos participantes portaban bandeiras do Partido dos Traballadores do Kurdistán (PKK), desenvolveuse no seu maior parte de forma pacífica. Pero nos seus arredores rexistráronse varios incidentes e disturbios, con danos no mobiliario urbano e lanzamento de obxectos aos policías que vixiaban.

O grupo de exaltados provocou danos no lugar e lanzou obxectos aos axentes, que replicaron co lanzamento de gases lacrimóxenos, que acabaron por impregnar todo o sector. Mesmo a propia praza da República, onde se desenvolvía a manifestación de forma pacífica, con militantes mostrando de forma acougada as súas bandeiras.

O servizo de orde con chamamentos á calma, logrou finalmente dispersar os máis exaltados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade