División entre transportistas ante a posibilidade dun novo paro de camións
División entre transportistas ante a posibilidade dun novo paro de camións
Os tranportistas amósanse moi divididos ante a posibilidade de convocar de novo un paro nos camións. A Plataforma Nacional, convocante do paro de marzo, decidirá hoxe se volve ás protestas. Onte convocou asembleas en todas as autonomías. En Galicia gañou o si aos paros.
O resto das asociacións tamén se amosan divididas. Un exemplo é a asociación luguesa AETRAM. O seu presidente, Diego Arias, pasou hoxe polo Galicia por diante.
"Agora mesmo non sabemos o que facer porque un paro sería moi prexudicial para a industria e para nós mesmos, que aínda nos estamos recuperando do paro anterior. Pero tamén está claro que co gasóleo a 2,15 ou 2,16 que está hoxe non podemos subsistir moito tempo e, claro, aí están moitas diferenzas ente a xente que non sabe se apoiar o paro ou se non".
"Á vista estivo que en Plataforma hai moita diferenza tamén. Viuse que houbo moi pouca xente nas asembleas e tamén que foron unhas votacións moi xustas tanto para un lado como para o outro".