Publicador de contidos
Publicador de contidos

División entre os transportistas sobre o paro do sector ao que Galicia votou si

División entre os transportistas sobre o paro do sector ao que Galicia votou si

A delegación galega agarda a decisión conxunta da plataforma a nivel estatal

As delegacións que rexeitaron o paro argumentan que o Ministerio comprometeuse a negociar o borrador coa plataforma

 

 

28 delegacións da Plataforma en Defensa do Transporte votaron se retomaban o paro do sector
G24.gal 26/06/2022 21:25 Última actualización 26/06/2022 21:42

Á espera dunha decisión conxunta, as 28 delegacións provinciais da plataforma votaron divididas este domingo. Galicia e Estremadura dixeron si a un novo paro indefinido por maioría, como confirmou José Manuel Vélez, delegado da plataforma en Lugo.

Esta mañá tivemos unha reunión para saber canta xente tiñamos a favor de iniciar o paro e pode haber un 80 % de xente que quere ir ao paro.


Aragón, Asturias e Sevilla Sur dixeron non ao paro porque valoran que a plataforma ten agora unha capacidade de negociación co Ministerio que antes non tiña para facer achegas ao borrador. Confirmábao José Luís Galán, delegado da plataforma na zona Sevilla sur.

 

Agora mesmo estásenos tendo en conta, están chamando á nosa porta, estamos sendo considerados como unha plataforma maioritaria que representa o sector do transporte e non os cargadores, e por iso as circunstancias están variando e estamos nun momento de negociación que entendemos que hai que aproveitar.

O prazo marcado polo Ministerio e o Comité do Transporte para as negociacións vence o 31 de xullo, e por iso valoran que hai que negociar estas semanas. É a mesma postura que defendeu a secretaria xeral da Asociación Empresarial de Transporte de Mercadorías por Estrada de Galicia, Miriam Otero.
 

A situación non é boa para ninguén. O que ingresamos é menos pero é certo que aquelas empresas cargadoras que están cumprindo permiten traballar, non na situación de antes, pero con certa dignidade, que é o importante. E haberá que inspeccionar esa repercusión de portes. 

Reclaman novas medidas como un gasóleo subvencionado e profesional que xa ten o sector agrícola e pesqueiro e insisten na necesidade de regular a cadea de subcontratación. 
Agárdase que nos próximos días se pronuncien tamén as outras asociacións que secundaron o paro anterior: AETRAM e Ascentra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar