Publicador de contidos
Publicador de contidos

Doentes con covid permantente crean unha asociación para visilibilizar o seu mal

Doentes con covid permantente crean unha asociación para visilibilizar o seu mal

Aseguran que a enfermidade se manifesta con ata 200 síntomas diferentes e que está infradiagnosticada

Reclaman investigación sobre esta enfermidade e que se contemple a súa sintomatoloxía para a adaptación dos postos de traballo

Colectivo de persoas afectadas pola covid persistente en Galicia
G24.gal 04/02/2024 14:00 Última actualización 04/02/2024 15:28

A covid persistente aféctalle a case un 4 % da poboación e maniféstase con síntomas moi diferentes que non sempre acaban cun diagnóstico axeitado. A Asociación de persoas afectadas, constituída recentemente, quere visibilizar esta doenza para recibir unha atención sanitaria axeitada.

A normalización da covid-19 como unha enfermidade respiratoria máis non é posible para un colectivo de persoas que viven os seus efectos de xeito persistente. Trátase de pacientes que presentan ata 200 síntomas diferentes que se prolongan no tempo.

"A unhas aféctalles máis a parte respiratoria e entón teñen problemas como disnea, a sensación de falta de aire, e outras persoas teñen máis afectación da parte muscular. Temos o que se chama 'néboa mental', que é unha dificultade de concentración", detalla Isabel Quintana, presidenta da ASCACOP.

A miúdo as diferentes probas que se lles fan aos pacientes non teñen resultados negativos polo que, din, está infradiagnosticada. 

"Non hai unha proba de imaxe na que saia que unha persoa ten covid persistente. Precisamos investigación da nosa enfermidade coa idea de recuperarnos ou polo menos mellorar a nosa calidade de vida".

Como colectivo de doentes crónicos reclaman que se lles facilite unha adaptación dos postos de traballo á súa sintomatoloxía así como a tramitación de incapacidades nos casos necesarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade