Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous detidos nunha operación contra o tráfico de heroína en Vilagarcía

Dous detidos nunha operación contra o tráfico de heroína en Vilagarcía

O operativo permitiu desartellar unha organización criminal dedicada ao narcotráfico

G24.gal 12/03/2024 18:47

Dúas persoas foron detidas nun operativo da Policía Nacional que permitiu a desarticulación dun grupo criminal dedicado ao tráfico de heroína que operaba en Vilagarcía de Arousa. Segundo informou este martes a Policía Nacional, o operativo desenvolvido pola Udyco de Pontevedra continúa aberto e ata o momento interviñéronse 3.500 doses de heroína.

No marco da operación Calatrava, os axentes da Udyco lograron interceptar a finais de febreiro un vehículo que transportaba 100 gramos de heroína e no que viaxaban os dous arrestados. Nun dos domicilios dos detidos os axentes incautáronse de 750 gramos máis da mesma substancia, ademais de diñeiro e útiles para a preparación da droga para a súa venda.

Os detidos neste operativo, que segue aberto e polo que non se descartan novos arrestos, foron postos a disposición do xulgado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade