Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous falecidos e 22 feridos en dous sinistros de tráfico en Castela-A Mancha

Dous falecidos e 22 feridos en dous sinistros de tráfico en Castela-A Mancha

Morreu o condutor dun autobús en Talavera de la Reina e 17 persoas que ían a bordo quedaron feridas

Unha muller faleceu en Burguillos de Toledo ao bater unha furgoneta contra un turismo

G24.gal 31/12/2023 18:25 Última actualización 31/12/2023 18:49

Dúas persoas morreron en dous sinistros de tráfico acontecidos en estradas de Castela-A Mancha o sábado pola noite.

En Talavera de la Reina faleceu o condutor dun autobús que bateu contra un turismo; 17 pasaxeiros quedaron feridos leves.

O outro accidente mortal sucedeu no municipio de Burguillos de Toledo. Chocaron unha furgoneta e un turismo e, como consecuencia, faleceu unha muller de 31 anos e quedaron feridas outras cinco persoas, entre elas tres cativos de 2, 7 e 13 anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar