Cargando resultados...
Dous premios en Xixón para o filme galego "A foreign song", de César Souto
Dous premios en Xixón para o filme galego "A foreign song", de César Souto
A mellor película e o mellor director español na 60 edición do FICXixón
G24.gal
19/11/2022 15:18
Última actualización 19/11/2022 16:56
A película de César Souto A foreign song acadou dous premios no FICXixón. Competía na sección Esbilla, o que lle permitiu recibir os galardóns á mellor película española e ao mellor director español do certame asturiano.
O filme inspírase na obra e biografía do poeta modernista estadounidense Wallace Stevens. Stvenes cría que a poesía non é algo persoal e a voz que estaba detrás dos poemas era a voz doutra persoa. A ollada ao cotián con Nova York como escenario é o punto de partida dun filme de carácter poético e observacional.